Voa! APP para envío de notificacións a subscriptores
UNHA APLICACIÓN DE NOTIFICACIÓNS PARA SUSCRITORES
Presentámosche a contorna de software Voa!, unha aplicación para teléfonos móbiles capaz de conectar coa cidadanía. Voa! é unha app multiplataforma para o envío de notificacións push aos teléfonos dos usuarios da app.
O seu panel de control permite a creación e xestión de categorías ás que os usuarios da app poderán subscribirse desde os seus teléfonos.
PANEL PARA O ENVIO DE NOTIFICACIÓNS
Panel propio para a xestión de canles e envío de push notificacións aos usuarios. Un panel en formato web cunha interface sinxela. Calquera persoa sen coñecementos informáticos pode xestionar as notificacións da app, crealas, envialas…
VARIOS TIPOS DE NOTIFICACIÓNS A USUARIOS
Desde o panel é posible enviar varios tipos de notificacións ou novas, dende avisos efímeros ata novas que se gardan na app. O panel de control permite a creación e xestión de categorías ás que os usuarios da app poderán subscribirse.
FERRAMENTA INTEGRAL
Voa! APP é unha ferramenta integral, unha solución completa para xerar notificacións push e avisos a suscritoress. A súa arquitectura aberta permítelle crecer sen límites incorporando novas características e detalles. O seu prezo convértea na opción máis profesional e escalable do mercado actual.
NOTIFICACIÓNS PUSH?
As notificacións que reciben os usuarios son de tipo «push» (similares ás de Whatsapp). Lixeiras, sinxelas e tremendamente efectivas, xa que aparecen na cabeceira dos móviles dos usuarios da app. É un estándar neste momento. Unha notificación Push, ao contrario dun correo electrónico, chega sempre aos usuarios e o ven no momento de envialas.
A SÚA UTILIDADE
Voa! é útil para contornas como Colexios, Concellos ou institucións públicas doutros tamaños, Asociacións de distintos tipos, colectivos, empresas con moitos empregados, tendas online, etc. En xeral colectivos de persoas con intereses comúns.
Appicultores (Pumpún Dixital y Grupo Maruxa).