• galiciacrea-pumpundixital-3
  • galiciacrea-pumpundixital-2

CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, fundada no ano 2002, é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo a defensa dos intereses dos directores e realizadores do sector audiovisual en Galicia.

CREA aposta pola defensa da creatividade como elemento fundamental do sector audiovisual. É o talento o que enche de contido os produtos culturais; o que dá sentido a todos os esforzos investidos na produción das nosas obras. Por iso, cremos firmemente que a aposta polo talento do noso país, a formación continua e a mellora das capacidades dos nosos creadores, é unha aposta de futuro, fundamental para o desenvolvemento do sector.

CREA está aberta a todos os directores e realizadores profesionais de Galicia e conta entre os seus asociados cunha boa parte dos directores máis prestixiosos do país, responsables de moitos dos éxitos do noso audiovisual nesta última década; desde longametraxes a series de TV ou web, desde curtas a documentais, desde filmes de vangarda a spots publicitarios, desde programas de TV a videoclips…

Ir al Proyecto
{ + portfolio
¿Necesitas ayuda? Chatea con nosotros!
Iniciar una Conversación
¡Hola! Haga clic en uno de nuestros miembros a continuación para chatear en WhatsApp
MENU

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (0) in /home/pumpunftp/public_html/wp-includes/functions.php on line 4339