• emonte-app-subastas-online-pumpun-apps-2

A APP en esencia
Unha aplicación móbil que ten como obxectivo conseguir que as empresas rematantes a través do seu smartphone poidan chegar á finca que está en venta sen necesidade de ir acompañado do propietario forestal, todo elo a través do GPS do móbil e a conexión da APP con Google Maps.

Detalles das fincas
Dende a APP de e-Monte é posible consultar a entrada á finca marcada na aplicación web polos propietarios, do mesmo modo veranse os lindes da finca nun polígono que permitirá aos usuarios coñecer a extensión exacta da finca segundo a ficha da referencia catastral.

O directorio de empresas do sector
A APP incorpora tamén o Green ABC, un directorio de empresas do sector que tamén se pode consultar na nosa web. O directorio inclúe a información máis importante das empresas: logo da empresa, nome da empresa, dirección postal,e teléfono de contacto, os usuarios poden xerar directamente unha chamada telefónica ou o envío dun email dende o propio smartphone.

A APP é capaz de ler códigos QR nos que se mostran os lindes da finca.

Ir al Proyecto
{ + portfolio
MENU