NÓSOMOSÔN → art/produccións

Deseño dun hábitat sonoro e visual interactivo a partir dunha serie de instalacións sonoras activadas e moduladas polo público visitante.

Unha exposición que se podería encadrar dentro da arte sonora, unha exposición como ecosistema e territorio de posibilidades, en que se propón un corpo a corpo coas instalacións sonoras, onde o visitante se poida converter nunha terminal que activa, desactiva, modula e, en definitiva, habita ese territorio á súa vontade. Sen intermediarios nin conceptos. Puro fluír, presente continuo, corpo e máquina fundidos nunha éxtase para os sentidos.

Pumpún Dixital produciu a imaxe dixital da exposición (Web, inatalacións multimedia, soporte técnico, comisariado, etc.). Un todo-incluído.