Whatif é unha ferramenta digital orientada a promover procesos de participación cidadá e creatividade colectiva, facilitando as tarefas de consulta, prospección e visualización dunha gran variedade de datos.
É unha aplicación web e móbil adaptada á publicación de mensaxes xeolocalizados: os usuarios escriben as súas ideas, opinións ou propostas en 140 carácteres e clasifícanas por categorías e ubicación, de modo que poidan ser consultadas, valoradas e compartidas en tempo real.
Ir ao Proxecto


