desarrollo-web-pumpun-dixital

Deseñamos e programamos páxinas web desde Vigo (Galicia) para proxectos ou empresas de calquera lugar do mundo. Somos especialistas en proxectos transfronterizos, de calado internacional (multilenguajes, incluídas linguas como o árabe, ruso ou calquera outra lingua con signos especiais).

Outra das nosas especialidades é a análise en profundidade do imaxinario visual do cliente, da súa empresa ou proxecto para ofrecer deseños web adaptados ao que é. Todo o noso equipo formouse en facultades de belas artes e en EEUU.

 

Queres coñecer como traballamos?
Programación e desenvolvemento de páxinas web para pequenas e medianas empresas, con todos os elementos necesarios para xestionalas (deseñamos un panel de control moi intuitivo aplaudido polos nosos clientes).

Este servizo é o que chamamos “un integral”, xa que inclúe asesoramento, deseño, programación, xestión do dominio e os seus satélites (correo, FTP, etc.), hosting de calquera tipo e formación completa para o uso da web. Tamén é combinable con calquera de nosos outros servizos a proxectos e empresas, como o Marketing Online, ou WPO do seu web, a implantación en redes sociais, as solucións para móbiles e outros dispositivos portátiles e calquera outro servizo Pumpún.

Desenvolvemos proxectos e aplicacións web de calquera tamaño e complexidade, desde portais corporativos para empresas con varias sedes ata portais e aplicacións como directorios de hoteis, sistemas de reserva (booking online), webs para cadeas de restaurantes centralizadas nun único panel de control con roles segundo usuarios. Podemos conectar estes portais con ERP, CRM e calquera outro software de xestión de empresa conectado a unha rede a través de Webservices.  
As tendas online e toda a estrutura software que lle rodea é outra das nosas especialidades. Traballamos cos frameworks máis importantes do mercado actual, somos expertos en Prestashop, expertos en Magento ou expertos en Opencart. Ofrecemos servizos de conexión ERP das tendas online, servizos de conexión con SAP ou calquera outro tipo de conexión de tendas online con programas de xestión empresarial, control de stocks ou CRM de clientes. Ofrecemos servizos de hosting avanzado aos nosos clientes, optimizados para Prestashop ou Magento, con sistemas de cache como Memcached ou APC, configurados e optimizados para cada tenda en particular. Encántanos o WPO (Optimización de velocidade web) e a cada cliente ofrecémoslle esa optimización. 
Máis do 20% dos accesos actuais ás webs dos nosos clientes fanse a través de dispositivos móbiles. Estímase que en tan só un ano esa porcentaxe aumentará ata chegar a niveis impensables fai un ano. Todas as webs que se programan e deseñan en Pumpún Dixital están pensadas para ser vistas en móbiles e tablets. Utilizamos tecnoloxías como CSS3 (Media queries) ou jQuery Mobile e calquera outra tecnoloxía que permita servir varias versións da mesma web dependendo do dispositivo que a solicite. Tamén creamos unha versión móbil que se comporta como unha APP nun móbil IOS ou Android. Visita o noso portfolio para coñecer estes traballos.
Construímos sistemas de xestión de contidos (CMS) programados en PHP que permiten, por exemplo, editar e engadir contidos para unha APP de IOS (iPhone e iPad) ou Android. Un exemplo deste sistema avanzado na Radio do Museo Reina Sofía, un sistema programado completamente no noso estudo e que inclúe un xestor de contido, unha web e dúas aplicacións móbiles. É tan sinxelo como loguearse e publicar contido, que irá automáticamente ás aplicacións móbiles, en todos os seus tamaños. Si queres podemos ensinarche como funciona. 

 

Gustouche o que acabas de ver?

 

Fainos unha proposta para traballar no teu proxecto